Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de expedientes tramitados por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se indica a resolución dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda lle corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo.

Nº expedientes: 2007/44-5, 2010/304-5 e 2010/305-5.

Interesado: Adrián Álvarez Rodríguez.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 15 de xaneiro de 2013.

Vigo, 19 de febreiro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo