Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza dos centros sociocomunitarios da provincia da Coruña.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial da Coruña.

c) Número de expediente: 8/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza dos centros sociocomunitarios da provincia da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 2, do 3 de xaneiro de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 84.300,00 euros. IVE (21 %): 17.703,00 euros. Importe total: 102.003,00 euros.

5. Formalización:

a) Data: 14 de febreiro de 2013.

b) Contratista: Limpiezas Germania, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 70.000,00 euros. IVE (21 %): 14.700,00 euros. Importe total: 84.700,00 euros.

A Coruña, 4 de marzo de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña