Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8836

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación das competencias delegadas en materia tributaria do Concello de Teo en relación coa facultade de establecemento de acordos e convenios coa Aministración tributaria do Estado en materia de colaboración e inspección en relación co IBI.

O Pleno desta corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de xullo de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«41. Aceptar a amplicación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Teo en relación coa facultade de establecer acordos e convenios coa Administración tributaria do Estado en materia de colaboración e inspección en relación co IBI.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Teo en relación coa seguinte materia:

• A facultade para establecer acordos ou convenios coa Administración tributaria do Estado en materia de colaboración e inspección en relación co imposto sobre bens inmobles.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña