Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8835

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Cabanas en materia de xestión, inspección e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas.

O Pleno desta corporación, na sesión ordinaria celebrada o 27 de xullo de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«37. Aceptar a ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Cabanas en materia de xestión, inspección e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Cabanas en relación coa seguinte materia:

• Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral. A xestión obxecto de delegación afectará tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como o suposto especial da telefonía móbil.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2013

María Padín Fernández

José Luis Almau Supervía

O presidente/PDFR 5.8.2011/

Secretario da Deputación

A vicepresidenta

Provincial da Coruña