Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 29/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LLMMTT subterráneas, avenida do Malecón.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV PMR 8 (sen servizo), cunha lonxitude de 0,105 km, coa orixe en punto de acceso á rede existente na praza da lonxa, condutor tipo RHZ1-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en punto de acceso a rede existente na avda. do Malecón.

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV PMR 803 Ribeira-Inst., cunha lonxitude de 0,075 km, coa orixe en punto de acceso á rede proxectado na rúa Galicia, condutor tipo RHZ1-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en punto de acceso á rede existente na avda. do Malecón.

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV PMR 817 CR. Fontán, cunha lonxitude de 0,075 km, coa orixe en punto de acceso á rede proxectado na rúa Galicia, condutor tipo RHZ1-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en punto de acceso á rede existente na avda. do Malecón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña