Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: ampliación de potencia CT A Lamela.
Situación: Sanxenxo.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación situado na Lamela, Bordóns, Sanxenxo, a 160 kVA con RT 20 kV/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 27 de febreiro de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra