Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2011160PLA, por infraccións en materia sanitaria.

O 25 de xaneiro de 2013, a conselleira de Sanidade ditou resolución recaída no recurso de alzada do expediente sancionador nº 2011160PLA incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Ramón Vigo Sambade.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Ramón Vigo Sambade o contido da resolución do recurso de alzada, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado ou o a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8 e 14, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, ou nos servizos centrais na Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico Xurídico), situada no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O aboamento da sanción farase no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que pode efectuar en calquera oficina da Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, en Caixanova Recadación Xunta, en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ao expediente, de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 28 de febreiro de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2011160PLA.

Interesado: Ramón Vigo Sambade (R.V./Medicina Laboral).

DNI/NIF/CIF: 76357293F.

Último enderezo coñecido: r/ Xunqueira, 6, 3º B, 15270 Cee.

Feitos imputados: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

a) Artigo 35.b).1ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e 42.a) e l) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

b) Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios; artigo 3.a) e 21.3.a).

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.006 €.

Contido da resolución: desestímase o recurso de alzada.