Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de varios contratos de obras cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización dos seguintes contratos de obras:

1. Obra ampliación do CEIP A Igrexa-Calo de Teo (A Coruña).

1.1. Adxudicatario: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 613.607,44 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.

1.3. Data de adxudicación: 27 de febreiro de 2013.

1.4. Data de formalización do contrato: 4 de marzo de 2013.

2. Obra ampliación do CEIP Bergantiños de Carballo (A Coruña).

2.1. Adxudicatario: Ogmios Proxecto, S.L.

2.2. Importe de adxudicación: 942.780,00 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.

2.3. Data de adxudicación: 27 de febreiro de 2013.

2.4. Data de formalización do contrato: 4 de marzo de 2013.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria