Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8597

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (903/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 903/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Rimensa, S.C., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Resolución.

Estimo a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Rimensa, S.L., polo que condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 63,62 euros máis a recarga do 20 % por demora.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, habiendo lugar audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Rimensa, S.C. expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de marzo de 2013

O secretario xudicial