Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8598

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (909/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 909/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa José Pablo Fernández Lage, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolución.

Admito a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa José Pablo Fernández Lage, polo que condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 396,65 euros máis a recarga do 20 % por demora.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 da LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa José Pablo Fernández Lage, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de marzo de 2013

O secretario xudicial