Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8567

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública relativo a un laboratorio de próteses dentais.

Laboratorios Dentaralis, S.L. solicitou licenza de acondicionamento de local e licenza de actividade de laboratorio de próteses dentais que se situará na rúa Curros Enríquez, nº 3, baixo, Vilameán, Nigrán (exp. 12/0449U).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 5 de febreiro de 2013

Alberto Valverde Pérez
Alcalde