Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8566

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública sobre a instalación e apertura dunha cafetaría.

Manuel Prol Álvarez, en representación de Fym O Grove, C.B., solicitou licenza municipal de actividade para a instalación e apertura dunha cafetaría, que se situará na rúa Luís Seoane, nº 39, baixo. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

O Grove, 15 de xaneiro de 2013

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde