Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8568

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de información pública relativo a unha explotación de porco celta para ceba en extensivo.

Pacita Cobelo González solicitou neste concello licenza de inicio de actividade de explotación de porco celta para ceba en extensivo que se desenvolverá nas parcelas nº 204 e 205 do polígono 503, sitas no lugar coñecido como Sisto, s/n, na parroquia de Lamas, coa superficie continua de 17.275 m² na cal se edificará unha construción de 31,20 m² para protección dos animais e, cumprindo o disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, co fin de que durante ese prazo (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Sadurniño), poidan examinar o expediente nas oficinas deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas, sociedades ou entidades que, dalgún xeito, se consideren afectadas pola actividade que se pretende iniciar e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

San Sadurniño, 22 de febreiro de 2013

Secundino García Casal
Alcalde