Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 4 de marzo de 2013, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte Poulos, Campo da Lama e Fontaos a favor dos veciños da parroquia de Lodoselo, no concello de Sarreaus.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 10 de decembro de 2012, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Poulos, Campo da Lama e Fontaos, solicitada polos veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María), no concello de Sarreaus (Ourense), resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 31 de xaneiro de 2011 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María), no concello de Sarreaus (Ourense), no cal solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. O 14 de marzo de 2012, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Concello: Sarreaus.

Denominación do monte: Poulos, Campo de Lama e Fontaos.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María).

Superficie total: 5,18 ha, aproximadamente.

• Poulos. Superficie: 1,07 ha.

Lindes:

Norte: parcelas particulares de Constantino López Gallego, Manuel Gallego Solveira e Casilda Rúa Pérez.

Sur: parcelas particulares de José Rodríguez Sotelo, Manuel Rodríguez Sotelo, Trinidad Sotelo Rodríguez e Ramona Carnero Carnero.

Leste: estrada de Vilar de Barrio a Vila de Rei.

Oeste: parcelas particulares de José Alonso Mellado, Cesáreo Alonso Iglesias, Avelino Rodríguez Carnero, Ramón Lois Gallego, Dolores Rodríguez Iglesias, José Alonso Mellado, Felisa Iglesias Garrido, Manuel Rodríguez Colmenero, José Blanco Míguez, Josefa Cordal Iglesias, Milagros Rodríguez Colmenero, Plácido López Rodríguez, Daniel Rodríguez Iglesias, Antonio Blanco Mellado, Antonio Iglesias González, María Rosa Mellado Carramiñana, Concepción González Blanco, José Rodríguez Sotelo, Manuel Rodríguez Sotelo, Trinidad Sotelo Rodríguez e Ramona Carnero Carnero.

• Campo da Lama. Superficie: 2,58 ha.

Lindes:

Norte: parcelas particulares de Luis García Alvar e camiño público.

Sur, leste e oeste: camiño público.

• Fontaos. Superficie: 1,53 ha.

Lindes:

Norte: parcelas particulares de José Cordal González, Serafín Alonso Casas e Milagros Rodríguez Colmenero.

Sur: José Rodríguez Mellado.

Leste: camiño público.

Oeste: José Carballo Carnero, Contemplación Pérez Alonso, Manuela Mellado Carnero, José Cordal González, Serafín Alonso Casas e Milagros Rodríguez Colmenero.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña desfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María), no concello de Sarreaus (Ourense), o monte denominado Poulos, Campo da Lama e Fontaos, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 4 de marzo de 2013

P.V. (Resolución do 26.2.2012)
José Antonio García Rodríguez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense