Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8240

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública relativo á delimitación do núcleo rural do Rodeiro.

A Alcaldía, mediante o Decreto número 39, do 13 de febreiro de 2013, e de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, aprobou inicialmente o expediente de delimitación de núcleo rural do Rodeiro (Duarría), no concello de Castro de Rei, redactado pola empresa Eptisa, con data de novembro de 2012, e presentado por iniciativa de Rubén Vázquez Álvarez e Antonio José Rodríguez da Costa.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais da provincia, co fin de que durante o citado período as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas poidan examinalo nas oficinas do Concello, en Castro de Rei, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 21 de febreiro de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde