Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8241

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública relativo á delimitación do núcleo rural de Pedrafita.

A Alcaldía, mediante o Decreto número 40, do 13 de febreiro de 2013, e de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, aprobou inicialmente o expediente de delimitación de solo de núcleo rural en Pedrafita, parroquia de San Salvador de Pacios, municipio de Castro de Rei (Lugo), redactado pola empresa Monsa Urbanismo, S.L., con data de decembro de 2012, e presentado por iniciativa de Juan Carlos Andión Río.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais da provincia, co fin de que durante o citado período as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas poidan examinalo nas oficinas do Concello de Castro de Rei, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 21 de febreiro de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde