Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8242

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cotobade

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Cotobade para a dotación de solo urbanizable industrial.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Cotobade, en sesión ordinaria celebrada o 25 de febreiro de 2013, adoptou acordo de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a dotación de solo urbanizable industrial nas parroquias de San Xurxo de Sacos e Viascón.

De conformidade co establecido no artigo 85.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

En virtude do disposto no artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, o dito acordo de aprobación inicial determina a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Cotobade, 26 de febreiro de 2013

Jorge Cubela López
Alcalde