• Subministracións:
– Expediente nº: 2013/CSUA1/000003.
Obxecto: adquisición dun citómetro de fluxo analizador para catro cores, con módulo de sorting para o Edificio Cimus.
Localidade: Santiago de Compostela.
Provincia: A Coruña.
Importe de licitación: 67.000 euros.
Garantía provisional: 2.010 euros.
Prazo de execución: 2 meses.
Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
Este expediente está incluído no proxecto de infraestrutura científica UNST10-1E-1235, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade con fondos Feder.
– Expediente nº: 2013/CSUA1/000004.
Obxecto: dotación de sistemas de microailladores individualmente ventilados para a estabulación de roedores con destino ao Edificio Cimus.
Lote 1: sistema de racks ventilados a presión positiva/negativa para rato.
Lote 2: sistema de racks ventilados a presión positiva/negativa para rata/rato.
Localidade: Santiago de Compostela.
Provincia: A Coruña.
Importe de licitación: 708.606 euros IVE non incluído (lote 1: 404.000 euros; lote 2: 304.606 euros).
Garantía provisional: 12.120 euros para o lote 1; 9.138,18 euros para o lote 2.
Prazo de execución: outubro de 2013, excepto 2 motores e 2 racks ventilados do lote 1, que deberán entregarse como máximo aos 3 meses desde a sinatura do contrato ou en outubro se é anterior aos citados 3 meses.
Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 8 de marzo de 2013.
Este expediente está incluído no proxecto de infraestrutura científica UNST10-1E-1370, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade con fondos Feder.
– Expediente nº: 2013/CSUA1/000005.
Obxecto: adquisición dunha liña de evaporación e secado para alimentos líquidos con destino á Aula de Produtos Lácteos.
Localidade: Lugo.
Provincia: Lugo.
Importe de licitación: 1.555.900 euros.
Garantía provisional: 46.677 euros.
Prazo de execución: 9 meses.
Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 8 de marzo de 2013.
Este expediente está financiado por Convenio de 21.12.2007 entre o Ministerio de Educación, a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a USC, con fondos Feder. Referencia: UNST07-1E-272.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita os expedientes: Servizo de Xestión Económica.
c) Número dos expedientes: os arriba indicados.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.
b) Número de unidades que se van entregar/executar: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.
d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: os indicados anteriormente.
5. Garantía.
Provisional: as citadas anteriormente.
6. Obtención de documentación.
A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico mailto:contratacion@usc.es
Obtención de información:
a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.
b) Domicilio: Rúa Nova, 6.
c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 881 81 12 60, 881 81 12 61, 881 81 12 63 e 881 81 12 64.
e) Fax: 881 81 13 66.
f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion
g) Data límite de obtención de documentos e información:
2013/CSUA1/000003: 14 horas do día 2 de abril de 2013.
2013/CSUA1/000004 e 2013/CSUA1/000005: 14 horas do día 17 de abril de 2013.
7. Requisitos específicos dos contratistas.
Clasificación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación:
2013/CSUA1/000003: 14.00 horas do día 2 de abril de 2013.
2013/CSUA1/000004 e 2013/CSUA1/000005: 14 horas do día 17 de abril de 2013.
b) Documentación que se ten que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).
Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.
Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.
Ou en:
Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, Polígono de Fingoi, s/n).
Domicilio: Campus Universitario.
Código postal e localidade: 27002 Lugo.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.
e) Admisión de variantes: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.
b) Domicilio: Rúa Nova, 6.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data:
2013/CSUA1/000003: sobre B: 12 de abril de 2013; sobre C: 29 de abril de 2013.
2013/CSUA1/000004 e 2013/CSUA1/000005: sobre B: 29 de abril de 2013; sobre C: 13 de maio de 2013.
e) Hora: 13.00 horas.
10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013
Por delegación (Resolución reitoral do 1 de agosto de 2011,
DOG do 18 de agosto)
María Lourdes Batán Aira
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela