Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2013 para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o estudo informativo e estudo de impacto ambiental do corredor Carballo-Fisterra, treito Berdoias, LMT Cee (clave AC/06/194.00).

Con data 22 de febreiro de 2013, a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o estudo informativo e estudo de impacto ambiental do corredor Carballo-Fisterra, treito Berdoias, LMT Cee (clave AC/06/194.00), propoñendo como alternativa seleccionada a D e téndose en conta para fases posteriores do proxecto os seguintes aspectos:

1. Tal e como se sinala no plano AN.13.03.04 Reposición de camiños, do estudo informativo, proxectarase un paso superior no p.q. 2+950 para salvar a estrada 3401, cuxa titularidade pertence á Deputación Provincial da Coruña. A sección tipo do referido paso superior será de 12 m de largo, con dous carrís de 3,50 m, beiravías de 0,5 m e beirarrúas de 2 m.

2. Estudarase a viabilidade técnica da reposición do camiño Sacramental, unha vez definida a configuración definitiva do enlace de Berdoias, con base no trazado final do tramo anterior Baio-Berdoias.

Segundo. Nas fases posteriores do proxecto e durante a execución da obra cumpriranse as prescricións da declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental na súa Resolución do 8 de marzo de 2012.

Terceiro. O proxecto de construción que desenvolva o proxecto de trazado deberá axustarse ás indicacións recollidas nesta resolución, tendo, por motivos construtivos, a posibilidade de flutuar dentro dunha banda de 100 metros a ambos lados do trazado aprobado, que poderá ser de 200 metros nos enlaces.

Cuarto. Consonte establece o artigo 15.3 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, ordénase a modificación ou revisión do planeamento urbanístico dos concellos afectados polo estudo informativo e estudo de impacto ambiental do corredor Carballo-Fisterra, treito Berdoias, LMT Cee (clave AC/06/194.00), os cales se deberán acomodar ás determinacións do proxecto de trazado no prazo dun ano desde a súa aprobación.

Quinto. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) porase á disposición dos interesados un documento coa planta do proxecto de trazado aprobado.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2013

Ethel Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas