Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2012/109-2, 8078 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Gasóleos Ceao, S.L.

Domicilio social: r/ Canteiros, 20, 27004 Lugo.

Denominación: distribución de LMT, CT e RBT en PE CC1 Polinox.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con orixe no CS Kentes (existente), entra e sae no CT PE CC1 Polinox (proxectado) e remata nun empalme coa liña de media tensión soterrada existente con dirección ao CT PE Outeiro 3, cunha lonxitude de 160 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

– CT PE CC1 Polinox en edificio prefabricado tipo PFU 3, cunha potencia de 100 kVA no cal se instalan dúas celdas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– RBTS con orixe no CT PE CC1 Polinox, cunha lonxitude de 203 metros de condutor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo