Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2013/25-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: Rúa Virxe da Luz nº 3-baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CTC A Rocha.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 70 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio proxectado 4ES00705 na liña principal nº 7 (San Roque-Confurco), unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400 V, situado na Rocha, Xinzo, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra