Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2013/26-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: rúa Virxe da Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT e RBT Pedras do Tea.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: LMT subterranea a 20 kV con condutor RHZ1 de 646 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4ES00302 da LMT principal Queidores-Fonte Vermún-Rest. Ponteareas e final no CT existente Barral, unha vez entre e saia do CT proxectado Pedras do Tea. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Barral, Arcos, Ponteareas. Tres saídas RBT cunha lonxitude total de 329 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra