Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo (expediente IN407A 2013/40-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CS Confortlastic.

Situación: Cerdedo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 40 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo proxectado no apoio nº 2 da LMT SJG804 e final no CS proxectado Conforlastic. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, situado en Coto de Mámoas, Monte Xangal, Cerdedo. Retensado do van aéreo comprendido entre os apoios nº 2 e 3 da LMT SJG804.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de marzo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra