Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2013/4-2, 8087 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS para subministración eléctrica en r/ Beiramar, s/n (esquina Castelao e Concepción Arenal).

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con orixe no CTC 01451 Edif. Beiramar e final no CTC r/ Beiramar, s/n (expediente 8082 AT) cunha lonxitude de 173 metros en condutor tipo RHZ-240.

– LMTS a 20 kV, con orixe no CTC r/ Beiramar, s/n (expediente 8082 AT) e final nun empalme coa LMT existente, condutor tipo RHZ-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo