Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2013/17).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CTC, RBTS Portofranco (San Martiño-Cerceda).

Situación: Cerceda.

Características técnicas:

– LMT subterránea CT Portofranco.

Inicio liña (UTM): empalmes proxectados na LMT subterránea existente entre o CS biodiésel (expediente IN617B 2008/112) e o CS Guntín (expediente IN617B 2007/188) (UTM: 542.604; 4.780.448).

Final liña (UTM): novo CT Portofranco proxectado (entrada e saída) (UTM: 542.351; 4.780.488).

Lonxitude: 644 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

– Centro de seccionamento Acevedo II.

Tipo: edificio prefabricado de formigón.

Illamento: aceite mineral.

Potencia: 100 kVA.

Relación de transformación: 20/0,4 kV.

Protección contra sobretensións: termómetro de contactos.

Protección contra sobreintensidades: fusibles de 6 A.

– Saídas de RBT subterráneas do novo CTC Portofranco.

Orixe: novo CTC Portofranco proxectado.

Lonxitude: 112 metros.

Condutores: XZ1-06/IKV-4(1×240 Al).

Nº de circuítos: 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña