Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2013/24).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: LMT e CS a depuradora Cerceda.

Situación: Cerceda.

Características técnicas:

– LMT subterránea a centro de seccionamento:

Inicio de liña (UTM): cela de liña en CI punto fronteira (expediente 2009/462).

Final de liña (UTM): cela de liña proxectada no CS depuradora Cerceda.

Lonxitude: 302 m.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3(1×240 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

– Centro de seccionamento:

Tipo: prefabricado.

Xogo de barras tripolar de 400 A.

Interruptor seccionador de corte en SF6 de 400 A, 24 kV.

Seccionador de posta á terra en SF6.

Indicadores de presenza de tensión.

Bornes para conexión de cable.

Embarrado de posta á terra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña