Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2013/2-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diaro Oficial de Galicia, durante o cal poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: RL 2013/2-1.

Acta inf.: I152012000152032.

Empresa: Alisam Coruña, S.L.

NIF: B70303110.

Enderezo: rúa Federico Tapia, 10, baixo, 15005 A Coruña.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f), 29.1 e 49.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 40.1.b) do dito texto legal.

Proposta de sanción: 700 euros.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Coruña, 20 de febreiro de 2013

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña