Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2012/569-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselle a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente: RL 2012/569-1.

Acta inf.: I152012000128083.

Empresa: Luis Rodríguez Amado, S.A.

NIF: B15044522.

Enderezo: avenida General Sanjurjo, 117, 15006 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 3.1 e 4 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, e artigo 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: artigo 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Data resolución: 22.1.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Luis Rodríguez Amado, S.A. unha sanción por importe de sete mil euros (7.000 €).

A Coruña, 20 de febreiro de 2013

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña