Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Oroso e Trazo (expediente IN407A 199/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS nova saída subestación Sigüeiro e enlace con LMT SCY-822.

Situación: concellos de Oroso e Trazo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea nova saída subestación Sigüeiro, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,650 km, coa orixe na subestación Sigüeiro (expediente 468/05), condutor tipo RHZ1. 2OL(S)-12/20 kV 3(1×240) Al, e final en apoio proxectado baixo a LMTA existente denominada actualmente SCY-804.

Liña eléctrica de media tensión aérea reforzo antiga SIG-804, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,011 km, coa orixe en apoio proxectado baixo a LMTA existente, condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final en apoio nº 88 existente.

Liña eléctrica de media tensión subterránea enlace SIG-804 e SCY-822, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,612 km, coa orixe en apoio proxectado baixo a LMTA existente (actual SCY-804), entre CT Pedrouzo-Trazo (expediente 52.772) e o CT Breixo (expediente 32.237), condutor tipo RHZ1.-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final e apoio proxectado en substitución do existente nº 72 da LMTA existente (SCY-822), entre a derivada ao CT Rego do Gato (expediente 51.165) e o CT Gonselle (expediente 51.580).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o medio ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña