Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 114/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación LMTS porto exterior Suevos (fase I) e anexo I alimentación LMTS porto exterior Suevos (fase I).

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas do proxecto:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,600 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de Sabón, condutor tipo RHZ1-2 (S) OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al), e final en cela de liña telecontrolada proxectada no CS UTE Langosteira (expediente 551/2006).

Celas de liña telecontroladas en CS UTE Langosteira (expediente 551/2006), modulares 3L con illamento en SF6.

Características técnicas do anexo 1 do proxecto:

Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,603 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de Sabón, condutor tipo RHZ1 e final en cela de liña telecontrolada en CD porto exterior proxectado.

Centro de distribución prefabricado, con celas modulares 4L telecontroladas con illamento SF6.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto e anexo 1 de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña