Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2013 polo que se notifica a Resolución do 24 de xaneiro de 2013 sobre a suspensión da execución do acto impugnado.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución sobre a suspensión da execución do acto impugnado, ao ser devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para coñecer e examinar o texto íntegro da resolución, que se atopa á súa disposición na sede da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela.

A resolución que se notifica pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente por aplicación e de conformidade co establecido nos artigos 8.3 e 14 da Lei 19/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Persoa interesada: Ana María García Vázquez.

Resolución sobre a suspensión do acto impugnado pola vía do recurso de reposición (Acordo do Consello de Dirección de Agader do 20 de novembro de 2012). Sentido da resolución: desestimatorio.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural