Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de febreiro de 2013 pola que se dá traslado do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/9/2013, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o enderezo do interesado.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o 30 de xaneiro de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras de construción dunha nave industrial de dúas plantas e dunha vivenda unifamiliar, no lugar de Camiño do Bosque nº 115, Cotiño, no termo municipal de Mos, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Luperco, S.L., mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística