Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7434

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de mellora do medio do poligono comercial de Barreiros.

O Pleno do Concello na sesión celebrada o 14 de febreiro de 2013 acordou:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación do Plan especial de mellora do medio do polígono comercial de Barreiros, redactado pola empresa Eptisa por iniciativa do Concello de San Cibrao das Viñas.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia e protección do medio rural de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción do acordo de aprobación definitiva.

Igualmente publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas do Plan especial no Boletín Oficial da provincia de Ourense, todo isto en virtude do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia e protección do medio rural de Galicia.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de protección urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos á Consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, achegando unha copia autenticada de dous exemplares da modificación do plan parcial aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

O acto de aprobación definitiva do citado plan foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 4.3.2013 en cumprimento do disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A normativa urbanística e ordenanzas publicáronse no BOP de Ourense número 50, do 1 de marzo de 2013.

Contra o este acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que poida estimar máis conveniente ao seu dereito.

San Cibrao das Viñas, 6 de marzo de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde