Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7433

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública polo que se acorda a aprobación inicial do estudo de detalle para a ampliación en edificio independente do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ampliación en edificio independente do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña.

Segundo. Someter o estudo de detalle ao trámite de exposición pública durante o prazo de vinte días hábiles, mediante publicacións no Diario Oficial de Galicia, na prensa local e na páxina web do concello.

Terceiro. Ordenar a dilixencia do estudo de detalle.

Cuarto. Notificar o presente acordo aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Infraestruturas, Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico e Oficina do GIS.

Quinto. Solicitar os informes sectoriais necesarios para a tramitación do expediente.

O estudo de detalle sométese ao trámite de información pública, durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e formular as alegacións que considere oportunas. A consulta pódese efectuar no Departamento de Planeamento da Área Municipal de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, así como na páxina web do concello.

Os gastos desta publicación serán por conta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Coruña, 1 de marzo de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo