Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de febreiro de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se dá audiencia ao interesado no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dun establecemento da provincia da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento da provincia da Coruña que se relaciona, no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

O titular dispón dun prazo de 15 días para facer as alegacións que considere pertinentes, e poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 27 de febreiro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Establecemento: Hotel Río do Pozo.

Titular: Antonio Zamorano Fernández.

Enderezo: avda. de Gonzalo Navarro, parcela 129.

Concello: Narón.