Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de febreiro de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística dun establecemento.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, ditada no procedemento de baixa de autorización e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas do establecemento relacionado, xa que intentada a notificación non se puido realizar polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a directora da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1192, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 27 de febreiro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Establecemento: Casa de Hóspedes Guiston.

Titular: Roberto Vilariño Díaz.

Enderezo: rúa Ponte Baxoi, 9.

Concello: Miño.