Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7349

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 15 de novembro de 2012 pola que se acorda a publicación do Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela aprobado no Consello de Goberno do 26 de outubro de 2012.

Advertido erro na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 227, do 28 de novembro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 44811, artigo 11.6, onde di: «6. O alumnado vinculado a un programa de mobilidade interuniversitario estará sometido ao réxime de estudos e disporá das convocatorias de exame que teña establecidos a universidade de destino. Non obstante, aos alumnos de titulacións de grao ou máster permitiráselles presentarse á oportunidade de xullo das materias cursadas no primeiro semestre sempre que:...», debe dicir: «6. O alumnado vinculado a un programa de mobilidade interuniversitario estará sometido ao réxime de estudos e disporá das convocatorias de exame que teña establecidos a universidade de destino, pero poderanse presentar á convocatoria de setembro ou equivalente na USC naquelas materias recollidas no compromiso de estudos ou acordo académico que non superasen na universidade de destino sempre que teñan unha materia equivalente na súa titulación, logo de comunicación ao coordinador, quen deberá informar os profesores responsables das materia. Non obstante, aos alumnos de titulacións de grao ou máster permitiráselles presentarse á oportunidade de xullo das materias cursadas no primeiro semestre sempre que:...».