Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7440

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación na Deputación Provincial de Pontevedra efectuada polo Concello de Ponte Caldelas para recadación en vía executiva.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de decembro de 2012, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Ponte Caldelas, por acordo do Pleno do 2 de novembro de 2012, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na Tesouraría do Concello.

A citada delegación será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2013

Rafael Louzán Abal

Carlos Cuadrado Romay

Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra