Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 208/2012).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento da LMT ao CT Tarrío e CS Tarrío.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea ao novo CS Tarrío, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 22 m, con orixe en empalmes que se van realizar coa LMTS SBN-715B (expediente 231/11), no tramo entre o CT Culleredo (expediente 3687) e a derivada ao CT Tarrío II (expediente 498/08), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final no novo CS Tarrío proxectado.

Liña de media tensión subterránea ao CT Tarrío (expediente 27212), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 243 m, con orixe en cela de liña do novo CS Tarrío proxectado, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final en paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar na fachada da caseta do CT Tarrío (expediente 27212).

Novo centro de seccionamento prefabricado Tarrío, tipo manobra exterior, con celas compactas 3L, con illamento SF6.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución e da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 15 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña