Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 1 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0017/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 1 de marzo de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Concepción Martínez Rodríguez.

Expediente: ES-P-0017/12.

Último domicilio coñecido: María Berdiales, 107, entresollado D, 36216 Vigo. Pontevedra.

Indicación do contido: notificáselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0017/12 na que se propón a sanción de 400 € de multa de acordo co disposto no artigo 112 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar documentos ou xustificantes que estimen convenientes, no prazo de quince (15) días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado nas dependencias administrativas de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.