Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do arrendamento, con opción de compra, da renovación dun sistema físico de almacenamento de información, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB-EIP1-13-009).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avda. de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-13-009.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de subministración.

b) Descrición: arrendamento, con opción de compra, da renovación dun sistema físico de almacenamento da información para a Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial e Hospital Montecelo.

1º. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2, e Mourente, s/n, Montecelo.

2º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001 e 36071.

e) Prazo de execución/entrega: 31 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 48180000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 313.608,41 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 285.098,55 euros. Importe total: 344.969,24 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 9.4.2013.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C dando lectura ás propostas.

b) Dirección: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e hora de celebración da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión de tarifas, DOG: 5,42 euros/liña (se é urxente 10,82 euros/liña). BOE: 11,552231 euros/liña título e 12,677753 euros/liña de texto (se é urxente 23,104462 euros/liña título e 25,355506 euros/liña de texto.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): 21.2.2013.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5.7.2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés