Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2013 polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente IN421E/10R02839 e outro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas indicadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN421E/10R02839.

Interesada: Biogás Chantada, S.L.

Acto que se notifica: resolución de aceptación da renuncia.

Expediente: IN421E/10R00519.

Interesada: Ángel Vázquez, S.L.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.