Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de xaneiro de 2013, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Concello de Bueu de nova concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario de Bueu para a construción dunha nave con destino a almacén de embarcacións de remo e vestiarios (expediente 13-17-12-C2).

Félix Juncal Novas solicita, en nome e representación do Concello de Bueu, a concesión administrativa de ocupación dunha parcela de terreos de dominio público portuario do porto de Bueu para a construción dunha nave con destino a almacén de embarcacións de remo e vestiarios, segundo o proxecto básico redactado en xuño de 2012 polo arquitecto Fernando Baeza Ordóñez.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE nº 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2013

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia