Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7291

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de local de supermercado.

Distribuidora Internacional de Alimentación, S.A., solicitou ante esta alcaldía licenza municipal para a ampliación de local de supermercado en P. Fontenla, nº 27.

De acordo co sinalado no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que nese tempo –que comeza a contar desde o día seguinte ao da última publicación– poidan examinar o expediente, no concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións oportunas.

Bueu, 9 de xaneiro de 2013

Félix Juncal Novas
Alcalde