Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de aprobación inicial polo Pleno dos símbolos oficiais do Concello de Bueu.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Bueu, en sesión ordinaria que tivo lugar o 4 de febreiro de 2013, por unanimidade dos seus membros prestou aprobación á proposta de aprobación dos símbolos oficiais do Concello de Bueu e o seu brasonamento e descrición.

Polo que este acordo se somete a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello, co obxecto de que se poidan efectuar alegacións.

Bueu, 12 de febreiro de 2013

Félix Juncal Novas
Alcalde