Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (653/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 653/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alejandro Castiñeiras Carreira contra a empresa Néstor García García, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro a extinción da relación laboral que unía o demandante coa empresa Néstor García García na data da presente resolución, e condeno esta a que lle aboe 2.638 euros en concepto de indemnización. Así mesmo, condeno a empresa demandada ao aboamento de 4.724,34 euros en concepto de salarios debidos, cantidade á que hai que engadir o dez por cento en concepto de xuros por demora. E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial