Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 941/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Fontal Busto contra a empresa Erasmo Pérez González, sobre cantidade, expediuse a seguinte cédula de citación:
«Persoa que se cita: Erasmo Pérez González, como parte demandada.
Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/aos acto/s de conciliación e, se é o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar ás preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.
Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 22.11.2013, ás 10.45 horas, na sede de Xulgado do Social número 1, sita no 4º andar, sala 9, Edificio Xulgados, para a realización do acto de xuízo.
Prevencións legais:
1º. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LPL/LXS).
2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.
3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.2 LPL/82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza, os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.
Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio ás persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.
Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.
Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.2 LPL/90.3 LXS).
4º. Advírtese que a parte demandante solicitou como probas: o seu interrogatorio como demandado.
Para tal efecto indícaselle que, se non comparece, se poderán considerar certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resultasen en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LPL/LXS).
5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 53.2 LJS/155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación.
O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será responsabilidade procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
6º. Tamén deberá comunicar e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que está convocado (artigo 83 LPL/LXS 183 LAC).
7º. As partes poderán formalizar conciliación para evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.
Lugo, 29 de outubro de 2012
O secretario xudicial
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».
E para que sirva de citación á empresa Erasmo Pérez González, expídese este edicto.
Lugo, 19 de febreiro de 2013
O secretario xudicial