Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, cuxo número se cita no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996 da citada consellería (DOG do 30 de setembro), nos decretos 83/2009, do 21 de abril, e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG núm. 155, do 12 de agosto), e no Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 18 de febreiro de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Café-Bar A Coba Meiga (Jesús Alberto Gómez Tenreiro)

76410222-J

LU-E- 187/12

26.e) LO 1/1992

R/ Almirante Chicarro, Viveiro

Ata 300 €

Café-Bar A Coba Meiga (Jesús Alberto Gómez Tenreiro)

76410222-J

LU-E- 187/12

26.e) LO 1/1992

R/ Almirante Chicarro, Viveiro

Ata 300 €

Cervecería Kiara, S.L. (Manuel Jesús Fernández Pérez)

B-27219021

LU-E-188/12

26.e) LO 1/1992

A Pena, nº 1, Chavín

Ata 90 €

Teatro, C.B. (Sala Castelao)

E-27292382

LU-E-196/12

26.e) LO 1/1992

R/ Castelao, nº 2, baixo

Ata 150 €

Teatro, C.B. (Sala Castelao)

E-27292382

LU-E-197/12

26.e) LO 1/1992

R/ Castelao, nº 2, baixo

Ata 300 €

Lucense de Hostelería, S.L.

E-27345511

LU-E-198/12

23.o) en relación co 26.e) da LO 1/1992

Rda. de Fingoi, nº 117, 1º H

Ata 900 €