Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7127

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO (expediente AC-57/12-2165).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente AC-57/12-2165, que se tramita neste concello por instancia de Coafor, Soc. Coop., para a instalación dun taller de maquinaria agrícola en almacén de maquinaria agrícola existente, na rúa Regueira, nº 47 (estrada Vilapouca-A Estrada), de Forcarei, neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto, que se farán unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Forcarei, 12 de febreiro de 2013

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa