Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión do servizo de axuda no fogar, tanto para os casos cualificados como dependentes como aqueles que se prestan por solicitude do interesado.

a) Obxecto do contrato: xestión do servizo de axuda no fogar, tanto para os casos cualificados como dependentes como para aqueles que se prestan por solicitude do interesado. Codificación: código nomenclatura CPV: 85311000-8. Código clasificación estatística CPA: 85.31.16.

b) Procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación. Todo empresario interesado poderá presentar unha proposición; queda excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores, de acordo co artigo 157 do TRLCSP.

c) Orzamento de licitación: 193.109 euros máis IVE. As proposicións económicas dos licitadores non poderán exceder este orzamento.

d) Aplicación orzamentaria: 233-22799.

e) Duración: dous (2) anos, prorrogable por acordo expreso das partes antes do seu vencemento, e sen que a vixencia inicial, xunto coas prórrogas, poida exceder máis de catro anos.

f) Lugar de entrega das proposicións: Rexistro Municipal. Concello de Miño; rúa Carreira, 38, 15630 Miño. Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Prazo de entrega de proposicións:

Presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde a última publicación oficial do anuncio de licitación. O anuncio de licitación publicarase no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no perfil do contratante.

h) Mesa de contratación: si.

i) Fianzas: non se exixe fianza provisional. Definitiva: 5 % do orzamento máximo anual, excluído o IVE.

j) Perfil do contratante: www.concellodemino.com

Miño, 13 de febreiro de 2013

Jesús Veiga Sabín
Alcalde